miércoles, 8 de junio de 2011










































NOTICIAS
Marcos Agra, Michael Andrade, Sergio Caamaño, Aitana Castro, Eloy Castro, Priscila Cunqueiro, Miguel Enjo, Mario Fagín, Tania Leis, Alberto Longueira, Gabriel Mariño, Mª José Maroñas, Ainoa Soñora, Fabián Trillo.

CINE
Lucía Cordeiro, Pablo Godón, Rebeca Pereiro, Julián Tuñas, Carlos Varela.

EDICIÓN DO BLOG
Yago Atrio, Adrián Freire, Alberto Freire, Manuel Guzmán, Roberto Núñez, Alexis Sieiro.

DESEÑO DO MURAL
Alba Gago, Sara Riveiro,  Maricarmen Santiago, Beatriz López, Iria Troitiño, Irene Tuñas, Paula Viñas.

PROMOCIÓN DA REVISTA
Ismael Agra, Álvaro Boullón, Iván Bouzas, Lucía Cobas, Brais Crespo, Brais Negreira, Sintia Rincón, Cristofer Sande.

ILUSTRACIÓN E FOTOGRAFÍA
Joel Lodeiro, Noel López, Juan Martínez, Rebeca Martínez, Michele Moreau, Ismael Oreiro, Alba Tuñas.

ENTREVISTAS
Jonathan Carballo, Marta Montes, Alejandro Ramas, Fidel Rial, Javier Sande, Esteban Tuñas, Alba Varela, Iván Vázquez.

ENQUISAS
Andrea Balsa, Bouchra Bassami, Sandra Brenlla, Marta Fagín, Beatriz García, Iria López, leticia Martínez, Lucía Muñiz, Nerea Noya, Ricardo Ojeda, Paula Pichel, Thaís Silva, Bruna Simoes, Alicia Varela.

COORDINACIÓN
Begoña Cortés, Sergio Lago (Argallando Educación e T. Libre), Susana Madera, Lola Sánchez.





INTERNET: a que andas?


¿A QUE ANDAS EN INTERNET?

ENQUISA SOBRE O USO DAS REDES SOCIAIS NO INSTITUTO.


Para coñecer o uso que fan das redes sociais as alumnas e alumnos do IES Xulián Magariños, un grupiño de cinco alumnas de 2º da ESO fixemos unha pequena enquisa que pasamos en todas as clases de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.

As preguntas foron as seguintes:

1)    Tes alguna rede social?
2)    Cantas horas lle adicas ás redes sociais?
3)    Quedaches alguna vez con descoñecidos a través dunha rede social?
4)    Colgas fotos con pouca roupa?
5)    Tes descoñecidas/os agregadas/os nalgunha rede social?
6)    Cal é a que máis usas? Por que?
7)    Sacas fotos só para colgalas despois nunha ou varias redes sociais?

Resultados:

En 1º da ESO: 11 de 14 persoas usan unha ou varias redes sociais, e dedícanlle unha media de 1 hora ó día, aínda que algunas persoas chegan ata dúas horas. Todas os entrevistados dixeron que non teñen descoñecidos agregados, que nunca quedaron con descoñecidos e que non colgan fotos con pouca roupa. Na nosa opinión isto demostra que o alumnado de primeiro é moi responsable cas redes sociais, e se respetan a sí mesmas/os. Case todos usan Tuenti máis ca outras redes, xeralmente porque lles gusta máis ou porque é onde máis amizades teñen. O máis habitual no alumnado de primeiro é sacar fotos só para subilas despois ó perfil.

En 2º da ESO: 14 de 15 persoas entrevistadas teñen redes sociais, e dedícanlle de unha a tres horas ó día. Dúas das persoas entrevistadas quedaron alguna vez con xente que coñeceron a través das redes sociais, tres colgan fotos con pouca roupa e case todos teñen alguna persoa descoñecida agregada nalgunha rede social, especialmente en Tuenti, que ademais é a máis usada en todos os entrevistados, porque “é a máis usada” e ademais “así os teus país non che ven as fotos”. A maioría sácase fotos co único fin de colgalas no perfil.

En 3º da ESO: 14 de 16 persoas teñen redes sociais e dedícanlle entre 1.5 e 2 horas. Todos os que teñen redes sociais dixeron que non quedaran nunca con descoñecidos, que “sabes a que xente aceptas e a cal non”. Todos dixeron que non colgan fotos con pouca roupa. Algunhas persoas entrevistadas teñen algún descoñecido agregado nalgunha rede social, en Tuenti e Facebook sobre todo. A máis usada en 3º segue a ser Tuenti, polos mesmos motivos vistos nos outros cursos.

 En 4º da ESO: 11 das 13 persoas entrevistadas utilizan algunha rede social, sobre todo Tuenti. Case todos lles adican arredor de unha hora ou unha hora e media, e algúns ata cinco horas ó día. Todos dixeron que non quedaran nunca con descoñecidos, e a maioría non teñen descoñecidos agregados,  e algunhas persoas dixeron que ás veces soben fotos con pouca roupa. As máis usadas son Tuenti e Facebook, pero case todos prefiren Tuenti “porque é española”, porque lles gusta máis ou “porque sempre hai máis xente conectada”.


Andrea Balsa, Sandra Brenlla, Beatriz García, Thaís Silva e Alicia Varela (2ºB)
 Obradoiro de Xornalismo na biblioteca.

fumas...???


FUMAS…?

Marta Fagín, Leticia Martínez, Lucía Muñiz, Nerea Noya e Ricardo Ojeda
(2º ESO C)
 Obradoiro de Xornalismo DA BIBLIOTECA.



Para saber máis sobre os hábitos do alumnado do instituto en relación co tabaco, fixemos unha pequena enquisa que se pasou en todos os grupos de secundaria e bacharelato. 

Antes de comezar o traballo, o grupo comprometeuse a  facer este traballo da forma máis obxectiva posible. As preguntas foron as mesmas en todos os grupos, e trataban sobre: se probaron o tabaco ou non, a idade na que empezaron a fumar, o coñecemento dos efectos nocivos do tabaco, os motivos de fumar, a cantidade diaria de cigarrillos que consumen, a posibilidade de deixalo, etc.


Resultados:
Todo o mundo sabe que fumar é perxudicial, e oiu falar dos seus efectos nocivos: cancro, enfermidades pulmonares, envellecemento da pel... e tamén se sabe sobre as substancias adictivas que contén. Pero aínda sabendo isto, a xente segue fumando.
Logo das preguntas que fixemos nos diferentes cursos da ESO e Bacharelato, comprobamos que a xente fuma por “pracer”, “vicio”, por “facerse o guai diante dos amigos”, outros “polo feito  de probar” ou porque “ás veces cando estás estresada/o, alivias as tensións”.
Calculamos unas porcentaxes aproximadas en relación ó consumo de tabaco no noso instituto, o IES Xulián Magariños:

-         Aproximadamente o 28% do alumnado de 12 clases de ESO e Bacharelato fuman con certa asiduidade, mentras que o 72% restante non.
-         O 56% do alumnado entrevistado nestas 12 clases di ter probado alguna vez o tabaco.

Segundo os resultados das enquisas, a maioría queren deixar de fumar algún día pero ou recoñecen estar enganchados (polo que lles resulta difícil) ou temen estalo en breve. A maioría do alumnado que fuma, faino desde moi cedo, moitos dende os 10-12 anos. Gran parte do mesmo (principalmente nos cursos de Bacharelato) fuman un ou dous paquetes diarios.
Pensamos que algunhas persoas non se atreveron a contar a verdade sobre se fuman ou non, xa que temían que llo dixéramos ó profesorado e este se puxera en contacto coas familias para contarllo.



Algúns datos sobre o consumo do tabaco:
-         O tabaquismo é a causa directa de 29 enfermidades (entre elas 10 tipos de cancro).
-         Fumar acelera o proceso de envellecemento.
-         Entre outros tóxicos, contén: Amoniaco, Acetona, Cianuro, Monóxido de carbono, Metanol e Tolueno.
-         Hoxe en día o tabaquismo considérase unha epidemia.
http://www.dejar-de-fumar.org

Tres encontros


TRES ENCONTROS.
Algúns alumnos de 2ºB tivemos unha breve conversa con tres dos profesores do noso instituto. Axuda a descubrir quen está detrás de cada historia.

Afirma que non sabe o que é terlle manía a un alumno, xa que nunca a tivo. Dentro do centro lévase ben con todo o profesorado, pero en especial cos do Dpto. de Lingua. Estivo durante 10 anos á cabeza da Xefatura de Estudos. Considérase bo comedor e gústalle especialmente o marisco, aínda que come de todo. Nunca tivo problemas con alumnos nin con profesores, só de convivencia. Sempre lle gustou ensinar e só o deixará cando se xubile.














Naceu hai máis ou menos corenta anos na Provincia de Pontevedra, nunha aldea do concello de Lalín. Segundo di, a súa adolescencia “era de moito traballar” e “foi moi rápida”. Dedicoulle bastante ós seus estudos e a súas materias preferidas eran Física e Química e Educación Física. Fixo a carreira de bioloxía, e despois pasou por catro institutos diferentes (nos que viu moi bos estudantes) ata chegar ó Xulián Magariños, lévase ben con todos os profesores e o seu artista preferido é Javier Bardem.








Naceu en Santiago no ano 1971, e cando era novo considerábase guapo e listo. Gustábanlles as mates e a física e quería ser profesor de física, pero por casualidade acabou impartindo a materia de tecnoloxía ós 40 anos. Dou clase en tres institutos antes, pero cando chegou a Negreira non se arrepentiu debido ós estudosos alumnos que atopou neste centro. Lévase ben con todos os profesores e o seu gran soño sería ser tan bo músico coma Beethoven.




























Entroido no IES Xulián Magariños


FOI ENTROIDO NO INSTITUTO…!
Por Priscila Cunqueiro, Tania Leis e Alberto Longueira


O Entroido deste ano fíxose coa colaboración de alumnos e mestres do Instituto. Organizouse unha gran festa de Entroido no Salón de Actos cun concurso de disfraces no que os profesores exercen como xuíces e deciden o grupo gañador.

Cunha entrevista realizada á profesora Lola Sánchez, unha das organizadoras do Entroido no IES, e as preguntas realizadas a alumnas/os de diferentes clases; facemos esta pequena reportaxe.

A clase de 2º ESO B subiron ó escenario cos disfraces pensados pola súa profesora Lola. Esta mestra inspirouse consultando libros e revistas. Para ela houbo un gran problema, xa que o presuposto era de 3€ e non podía pasarse desa cifra.

A súa clase non puido gañar, porque os seus alumnos foron un pouco vergoñentos, e deulles reparo subir. Para Lola foi unha grande decepción porque levaban moito tempo traballando para facer unha careta tipo veneciano, con plumas e brillos.

Segundo soubemos, á grande maioría dos alumnos gustáronlle en xeral todos os disfraces que había, pero especialmente os da clase de 1º ESO A. Para o ano que ven, a xente á que preguntamos, non dubidou en contestar que non se ían disfrazar, xa que para eles nin este ano nin os anteriores foron unha gran experiencia.

A maioría dos alumnos ós que preguntamos cambiarían moitas cousas do Entroido no Instituto.

HUMOR TORRADO


-        As mellores vacacións da miña vida. E mellor ca no póster, eh…!

Joel Lodeiro, Rebeca Martínez, Michele Moreau e Alba Tuñas (2º ESO B). Obradoiro de Xornalismo. 


HUMOR MATEMÁTICO


-         Sempre fuches un pouco inútil… Xavieriño…!
Non sei por que non podes ser un pouco máis parecido ó teu irmán!

Joel Lodeiro, Rebeca Martínez, Michele Moreau e Alba Tuñas (2º ESO B). Obradoiro de Xornalismo.